lunes, 28 de noviembre de 2011

La ruta de Muiños de Barosa en 3D y geolocalización por el móvil gracias a la Xunta de Galicia

Muiños de Barosa, todo un espectáculo, es el río que se desploma por la ladera de un monte con una fervenza contundente que parece que va a engullir en su caída los pequeños molinos colgados de su cauce. Y es además una de las 62 rutas de senderismo que la Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, acaba de incluir en un catálogo (Galicia, Sendas para descubrir un país) que recoge únicamente los senderos homologados de la comunidad.

Esto incluye viejas sendas, pistas forestales, caminos reales de la época romana, laberínticas vías entre el bosque de ribera... pero siempre que su señalización cumpla los requerimientos de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, que se ajustan a la normativa internacional.

Pero volvamos al río Barosa. Un mundo de posibilidades se le abren ahora al usuario. En Internet, además de los datos y fotos que aparecen en la guía impresa, puede consultarse un mapa de la ruta en Google Maps, mientras las páginas web especializadas (www.wikiloc.com, www.everytrail.com y www.ikimap.com) permiten consultar, visualizar y descargar la información georreferenciada de las rutas gallegas.

Esta iniciativa pionera brinda asimismo la posibilidad de ver los caminos en formato 3D, conocer los perfiles de altitud, las distancias entre puntos de interés, y sobre todo, descargar toda la información a los móviles inteligentes, lo que equivale a llevar encima información de alta calidad. Así, pasmado ante la fervenza, el caminante podrá consultar qué función cumplían los molinos que tiene a la vista, qué otros atractivos le ofrece el sendero o, simplemente, por dónde serpentea la ruta que le interesa seguir.

Casi 20.000 ejemplares
El recorrido se visualiza y sigue correctamente mediante el teléfono gracias al dispositivo GPS, y esto es de gran utilidad, pues permite salvar problemas derivados de la señalización: el caminante sabe siempre si se está desviando de la ruta marcada. El móvil le dará también los datos de la distancia recorrida, la velocidad media, el tiempo empleado, el perfil de altitud, e incluso la posibilidad de ir siguiendo el camino con apoyo fotográfico.

En una vuelta de tuerca más, la iniciativa de Turgalicia intenta crear una comunidad de senderistas, al permitir al usuario la posibilidad de añadir comentarios propios y consejos para que otros puedan aprovechar sus indicaciones y beneficiarse de esa información. Del catálogo se han editado 18.000 ejemplares, 12.000 en castellano, 3.000 en gallego y otros tantos en inglés. Incluye 62 itinerarios homologados, de los que 58 son senderos de pequeño recorrido (PR-G), con menos de 50 kilómetros, y 4, grandes rutas (GR).
El objetivo último, según responsables de Turgalicia, es «atraer a turistas alemanes, ingleses y franceses, que cuentan en sus países con enormes redes de senderos»

O Partido Popular de Barro confirma que a Xunta garante a continuidade asistencial de todos os galegos, incluíndo aos parados de longa duración e ás persoas sen recursos

O convenio de cesión de datos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Sanidade asinouse o 30 de novembro de 2010 e ten por obxecto facilitar á Xunta o acceso ás bases de datos do Ficheiro Xeral de Afiliación

Dende 1989 o INSS retíralles a asistencia sanitaria aos parados que terminan as súas prestacións sociais; e son os propios usuarios os que deben acollerse ás vías de persoa sen recursos para seguir manténdoa.

Galicia adiantouse catro meses á normativa estatal establecendo unha vía para non deixar sen prestación ás persoas que perdan a asistencia sanitaria pola lexislación da Seguridade Social

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asegurou  no Pleno do Parlamento que a Xunta de Galicia garante a continuidade asistencial de todos os galegos –incluíndo aos desempregados de longa duración e ás persoas sen recursos- residentes na Comunidade Autónoma para que en ningún caso se atopen en situación de non cobertura.

“Calquera afirmación noutro sentido é falsa”, indicou, engadindo que esta medida non é nova, xa que dende 1989 o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) retíralles a asistencia sanitaria aos parados que terminan as súas prestacións sociais. Son os propios usuarios os que deben acollerse ás vías de persoa sen recursos (PSR) para seguir manténdoa.

Así mesmo, en relación coas dúbidas que puidera xerar o Ministerio de Traballo, a Consellería destaca que o convenio de cesión de datos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e Sanidade asinouse o 30 de novembro de 2010 e ten por obxecto facilitar á Xunta o acceso ás bases de datos do Ficheiro Xeral de Afiliación. Este acordo, que leva por título Convenio de cesión de datos entre la Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre autorización de acceso ao ficheiro xeral de afiliación, atópase no rexistro de convenios da Xunta.

Segundo explicou Farjas no Pleno do Parlamento, a destrución de emprego, sobre todo nos anos 2007 e 2008, fixo que en 2010 empezaran a aflorar miles de casos de desempregados de longa duración en España, e o incremento do paro ata acadar máis de 5 millóns de persoas provocou que esta situación sexa cada vez máis frecuente.

Isto levou a que o 5 de outubro o Goberno estatal aprobase unha modificación legal da Lei de Saúde Pública para que a partir do 1 de xaneiro de 2012 se poña en marcha un procedemento co obxectivo de volverlles dar asistencia sanitaria a estas persoas, e polo que os parados e PSR terán que recoñecerse no sistema para obtela.

Adianto de catro meses sobre a normativa estatal
O que fixo Galicia, afirmou a conselleira, foi adiantarse catro meses a esta medida ao elaborar unha orde (publicada en setembro no DOG) que garante a continuidade asistencial destes colectivos.

“É dicir, desenvolvemos vías para non deixar sen prestación ás persoas que perderan a asistencia sanitaria pola lexislación da Seguridade Social, do Goberno de España. Estamos a actuar de oficio; polo tanto, os usuarios nestas circunstancias non necesitan facer ningunha xestión por este motivo a non ser que, como resto dos casos en xeral, a súa tarxeta teña un problema técnico e a banda magnética se desactiva por calquera motivo. Os cambios só terán que realizarse se os usuarios queren cambiar de médico, cambiou de domicilio, etc... pero como se fai sempre”, explicou.

Neste sentido, Pilar Farjas puxo como exemplo que cada ano máis de 100.000 galegos perden a súa tarxeta sanitaria e continúan tendo en todo momento garantía de asistencia e cobertura, sen preocupacións ou temores de non ser atendidos. “Nestes casos, a mellor recomendación é consultar nos centros de saúde próximos á súa residencia, como se fai sempre –declarou-. Esta é una medida boa, de protección cara os máis débiles, e calquera afirmación en sentido contrario atende a intereses políticos ou que pretenden xerar una inquietude innecesaria.”

“A atención sanitaria é un dereito cidadán, e estou de acordo en que non tería que estar vinculado ao recoñecemento por parte do Instituto de Seguridade Social”, considerou, lembrando que ademais se atopa, en teoría, desvinculada da cotización da seguridade social e finánciase con cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma.

“Sen embargo, é o INSS quen determina o nivel de copago dos cidadáns en materia de prestación farmacéutica, de aí que sexa necesario seguir recorrendo a el –sinalou-. Se esta incongruencia entre o sistema de financiamento e o mantemento do recoñecemento ao dereito á Seguridade Social se mantén hoxe en día é pola inacción do Goberno do Estado, que nada ten feito en oito anos.”

Acceso á asistencia sanitaria
Na súa intervención, a conselleira lamentou que sigan en vigor normativas “anacrónicas” como o Real decreto 1088/1989 mediante o que se establece o acceso á asistencia sanitaria pública aos cidadáns sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social acolléndose á vía de persoas sen recursos económicos suficientes, e que só é de aplicación para os españois.

Así mesmo, a Orde do 13 de novembro de 1989 (que desenvolve o RD 1088/1989) dispón que lle corresponderá ao órgano competente da comunidade autónoma que xestiona a asistencia sanitaria da Seguridade Social a tramitación do expediente de recoñecemento do dereito. De novo, para ter este dereito é necesario posuír a nacionalidade española.

Desde 1992, os servizos de saúde tramitaban de oficio a prestación da asistencia sanitaria destas persoas ante o INSS, que os daba de alta como desempregados con dereito á asistencia sanitaria (Real Decreto-Lei 1/1992). Sen embargo, en 2004 a Tesourería Xeral da Seguridade Social decidiu que estas persoas só poderían ter o dereito á prestación da asistencia sanitaria, a través do Real Decreto 1088/1989, como persoas sen recursos económicos suficientes (como se pode comprobar neste enlace: http://www.seg-social.es/Internet_1/Masinformacion/TramitesyGestiones/AsistenciaSanitaria/index.htm ) .

Polo tanto, concluíu Pilar Farjas, a Orde da Consellería de Sanidade mellora a situación de dous colectivos con risco de exclusión social: o das persoas sen recursos; e o dos desempregados, que non teñen que recorrer a declararse persoas sen recursos ou a darse de alta como beneficiarios de cotizantes.