martes, 27 de marzo de 2012

En Semana Santa se organiza la Ruta 4x4 Barro Traczion Catro 2012.

Faustino Batallán do Partido Popular: "O BNG presenta unha moción dunha estrada que non existe e Novas de Barro dalle difusión con ese erro"

Faustino Batallán, membro do PP de Barro, envíanos esta información:

"Remítense unhas fotos donde o BNG de Barro envía a Novas de Barro, unha moción ó concello de Barro, que versa sobre a seguridade vial dunha estrada que non existe en Barro, a N-531, e que semella máis sexa de Bande.

Imaxino que necesitarán botarlle unha man ó BNG de Bande, xa que as referencia máis parecidas a esa estrada a N-531, son por exemplo as desta nova:

http://www.farodevigo.es/sucesos/2011/06/03/detenidos-ourense-huir-armados-control-policial/550945.html

Agradécese que queiran colaborar e estreitar lazos cunha localidade tan fermosa como é Bande, que está enclavada na fermosa Baixa Límia, e en realidade en lugar de Barro, querían dicir, Baños (San Xoan), que tamén pode ser, claro está.

Ou tamén pode ser que esa moción fose feita dende Bande e para Bande, e acabase por equivocación polas nosas terras. Por suposto que ademáis quero louvar o gran coñecemento sobre estrada que uns e outros fan. E se algún non entende isto,deixo claro que se chama ironía."