José Antonio Landín, alcalde de Barro, cursoulles a invitación e eles, quixeron demostrar o seu apoio institucional tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra, durante a fin de semana da Festa do Viño, dando se cabe máis valor e importancia á nosa festa por excelencia no Concello de Barro.
Desta volta foron 30 as bodegas que participaron, e acadouse un volume de negocio e visitantes bastante razoable para os tempos que estamos a vivir.
Durante toda a fin de semana, diversas actividades, tiveron lugar para darlle lecer a tódolos veciños e visitantes, como o futbol sala, os xogos para nenos, o concerto de banda, o concurso de pinchos, etc.
O entorno do Pazo da Crega, foi o lugar elexido por miles de persoas que puideron ver a gran obra que o goberno de Barro está a rematar e que pronto todos podremos desfrutar.
Xa queda menos para a vindeira edición da Festa do Viño. Dende aquí queremos felicitar á organización polo seu traballo e facer que todo saise ben como sempre.
![]() |
| Imaxe do Faro de Vigo. |

No hay comentarios:
Publicar un comentario