jueves, 23 de junio de 2011

O Concello de Barro comprometido co deporte e cos veciños: Escola de Tenis

O Concello de Barro está a xestionar a posta en funcionamento da Escola de tenis.

Para o Concello de Barro, é moi importante dotar a Barro de novas propostas de ocio para os veciños polo que iniciou as xestións pertinentes para acadar que todos poidamos disfrutar da recentemente construida pista de Tenis.

Dita actividade se levará a cabo na pista o aire libre situada na rúa do Pazo (Santo Antoniño - Perdecanai), e na que poderán participar os veciños de Barro.  

Tamén se prevee que en caso de mal tempo a actividade se traslade o Pavillón Polideportivo de Curro, que tamén se está a dotar e preparar para acoller máis eventos.


Queda claro que tras 28 anos de goberno, o alcalde Landín, ten aínda folgos para seguir traballando polo concello de Barro, e queda demostrado coa recente edición da Festa do Viño, na que se empezou a traballar desde o día 23 de maio, logo de renovar a confianza co seu equipo de goberno, ou esta nova iniciativa coa que pretende impulsar deporte e ocio no noso concello.




No hay comentarios:

Publicar un comentario