O obxectivo da actuación é recuperar as marxes e o contorno do río para o seu uso recreativo e educativo.
Ademais, conseguiuse unha mellora ambiental que permitirá prever posibles inundacións.
O Goberno galego inviste preto de 700.000 euros para levar a cabo esta actuación.
Agustín Hernández anunciou que na primeira quincena de agosto finalizarán as obras de acondicionamento das marxes do río Barosa, nas que se están investindo 700.000 euros. O proxecto completo concluirá en outubro, cando se construirá nesa zona unha ponte que substituirá ao actual camiño agrícola, e un miradoiro.

Nestes momentos xa está rematada a execución do parque e a senda ata a nova ponte polo que, coa entrega parcial das obras, os veciños de Barro poderán gozar da contorna deste río, na que se realizou o acondicionamento das súas marxes para o seu uso recreativo, educativo, mellora ambiental e dotacional. O remate deste proxecto prevese para o mes de outubro, cando se finalice a execución da ponte e o miradoiro.
Tamén acometeuse o acondicionamento dunha superficie duns 32.300 metros cadrados nas marxes do río, zonas axardinadas recreativas, infantís e biosaudables, dous miradoiros, máis de 3.000 metros cadrados de sendas peonís cunha anchura de 2 a 3 metros, espazo dotacional reservado para o seu uso futuro, así como dúas zonas reservadas para aparcadoiro.
Con esta obra preténdese que se beneficien non os máis de 3.500 habitantes de Barro, senón tamén os visitantes que se acheguen ao contorno fluvial. Ademais, conseguirase unha mellora ambiental que permitirá prever posibles inundacións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario