jueves, 21 de julio de 2011

Un chalet, unha inmobiliaria, un apretón de mans e operación LACASADEBARRODUE, en marcha!!!

Un chalet, unha axencia inmobiliaria, un apretón de mans e operación LACASADEBARRODUE, en marcha!!!

Así podemos definir a operación que puxo en marcha o local liberal de intercambio de parellas, LACASADEBARRODUE. En menos de 8 horas, un potencial cliente visitou a casa na Portela, pouco máis tarde dunha hora e sobre 1000 €/mes de alquiler (e posible opción de compra???) puxeron as cousas máis fáciles.

Pero como cerrar unha operación así tan xugosa? Pois con un contrato interesante e unha boa comisión, claro está, e se todo iso se fai unhas horas depois case que ó rematar a xornada laboral, pois mellor que mellor, tanto como para "exclamalo ós catro ventos" (así nos enteramos nós claro).

Hai que recoñecer que a axencia inmobiliaria tiña que ter un profundo coñecemento das boas propiedades de Barro e as máis adaptadas ó tipo de "negocio" que o día 29 vai abrir en Barro. Sen dúbida, é unha axencia moi cercana ó cliente, que busca o mellor para él. Estarán contentos os novos inquilinos da casa!!!

Tamén hai que pensar que os cartos son os cartos, e por encima diso pouco máis hai, pero por debaixo, quedan veciños, moitos ruxe-ruxe(e máis que haberá, seguro), e pensar se o que se fai está ben feito!!!

Como din eles, "Lacasadebarrodue abrirá as súas portas o venres 29 de xullo. A lista de asistentes á nosa inauguración vai en aumento pero aínda nos queda algún sofá, cama ou chanzo de escaleira por ocupar.
Os interesados podedes solicitar información ou confirmar asistencia a través de mensaxe privada ao noso facebook ou ben a través do teléfono 628 12 96 21.
Falta moi pouco para que empece a diversión!!”

Seguro que a que máis se divertiu ata o de agora foi a axencia inmobiliaria que puido facer a operación...que sería???? O anuncio estivo en fotocasa....ahí vai a proba!!!

 Bueno, haberá que ir pensando en poñer a alquilar os pisos e as casas nesta axencia, que ten unha boa efectividade e busca uns negocios rentables, para conseguir que as rendas de alquiler sexan altas e ademáis seguras.....

Xa iremos contando máis cousiñas....

No hay comentarios:

Publicar un comentario